Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de información pública sobre aprobación definitiva dun estudo de detalle.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 26 de maio de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle para o sinalamento de aliñacións e volumes en Baíñas, redactado polo arquitecto Amancio Losada Vicente e promovido por Carlos Manuel Vidal Redondo e Milagros Lobelos Casal.

O que se fai público polo prazo dun mes consonte o disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vimianzo, 23 de xullo de 2012

Manuel Antelo Pazos
Alcalde