Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de licitación (SV-A-01-2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SV-A-01-2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de monitores dos talleres culturais e espazos de animación lúdico-formativos.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Prezo euro/hora docente: 28,27 euros (IVE 21 % incluído), ata o máximo anual sinalado na cláusula 2ª do prego.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito (8) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Hora límite: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na claúsula 12ª do prego de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que deberán de rexer para a contratación, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, tramitación urxente, da prestación do servizo de monitores dos talleres culturais e espazos de animación lúdico-formativos.

d) Lugar de presentación: Concello de Pontedeume. Rexistro Xeral. Rúa Real nº 13, 15600 Pontedeume.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

Os criterios contidos na cláusula 15ª do prego e coa ponderación que nela se sinala, publicados no perfil do contratante: www.pontedeume.es

10. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: ás 12.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Pontedeume, 27 de agosto de 2012

Gabriel Torrente Piñeiro
Alcalde