Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de agosto de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos e permuta da concesión da batea Mabo.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión e permuta da batea Mabo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito de data 29.5.2012, Manuel Boo Olveira e María Sampedro Sampedro solicitan autorización para transmisión inter vivos do 75 % e Juan José Boo Sampedro solicita permutar o 12,5 % co seu irmán Manuel Ramón Boo Sampedro da concesión e da batea Mabo.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos e a permuta, a favor de Manuel Ramón Boo Sampedro (33246814-S), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mabo.

Localización:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: C.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 30.4.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Boo Olveira (29369575-R) e María Sampedro Sampedro (33108059-L) 75 % gananciais, Manuel Ramón Boo Sampedro (33246814-S) 12,5 % privativo e Juan José Boo Sampedro (52451884-Q) 12,5 % privativo.

Novo titular: Manuel Ramón Boo Sampedro (33246814-S) 100 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña