Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012 pola que se modifica a Resolución do 6 de agosto de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de saneamento de clave OH.336.979 e dúas máis, cofinanciadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50 % a través do convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 153, do 10 de agosto de 2012, cómpre facer a seguinte corrección no texto do anuncio:

Na páxina 32383, na liña 23, referida ao prazo de execución da obra «colector xeral de saneamento entre San Pedro de Laroá e Rebordechá. Xinzo de Limia (Ourense)» e número de expediente OH.332.763, onde di: «prazo de execución (meses): tres (3)», debe dicir: «prazo de execución (meses): dez (10)».

O novo prazo de admisión das proposicións para a contratación desta obra, número de expediente OH.332.763, rematará o 27 de setembro de 2012 e as datas e horas correspondentes ás aperturas en acto público do sobre B serán o 10 de outubro de 2012 e do sobre C o 26 de outubro de 2012, ás 9.00 horas en ambos os casos.

Mantéñense invariables as outras dúas contratacións e o resto do contido do anuncio de licitación non afectado por esta corrección.

Esta resolución publicarase, así mesmo, no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo?N=216

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31.1.2012)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia