Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 30 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de decaemento no dereito de cobramento da axuda de prima non renovable a Santiago Prieto Rivera.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

Santiago Prieto Riveira a resolución de decaemento no dereito de cobramento da axuda de prima non renovable ao abeiro da Orde do 13.1.2011 (DOG nº 13, do 20 de xaneiro).

Contra esta resolución poderá interpor recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte á publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados encóntrase na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2011/67.

Nome: Santiago Prieto Riveira.

Enderezo: avda. de Ferrol, portal 37, 1º C.

NIF: 33850900Y.

Embarcación: Novo Barquita.

Axuda concedida: 10.500 euros.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2012

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar