Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica da 2.ª fase do Parque Eólico Montes de Abella, emprazado nos concellos de Triacastela, Samos e Láncara (Lugo), e promovido pola sociedade Invertaresa, S.L. (expediente 103-EOL).

Detectados erros na devandita resolución, publicada no DOG número 229, do 30 de novembro de 2011, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 35382, onde di:

«- Orzamento: 4.790.310 euros»,

Debe dicir:

«- Orzamento: 4.390.710 euros».

Na páxina 35383, onde di:

«5. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución aprobado pola presente resolución, cun orzamento de 4.790.310 euros»,

Debe dicir:

«5. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución aprobado pola presente resolución, cun orzamento de 4.390.710 euros».