Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Moeche-Outeiro, no concello de Moeche, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/19-1).

Advertidos erros na Resolución do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Moeche-Outeiro, no concello de Moeche, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/19-1), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 151, do 8 de agosto, é necesario realizar as seguintes correccións:

Na páxina 31782, onde di: «RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de A Coruña, …», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de A Coruña, …».

Na páxina 31785, onde di: «A Coruña, 4 de xuño de 2012», debe dicir: «A Coruña, 21 de xuño de 2012».