Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para Grupo Ros Casares.

Francisco Juan Ros García, en representación de Grupo Ros Casares, solicitou nesta alcaldía licenza municipal de actividade de almacenamento e comercialización de produtos siderúrxicos, para exercer nas naves industriais 4, 5 e 6 do polígono industrial de Picusa. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diaro Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Padrón, 21 de xuño de 2012

Antonio Fernández Angueira
Alcalde