Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de agosto de 2012 pola que se notifica a ampliación do prazo para ditar resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/37-P, por ignorarse o lugar de notificación da interesada.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 3 de agosto de 2012, ditou por substitución da directora da axencia, resolución pola que se notifica a María Victoria Iraurgui Leguina a ampliación do prazo para ditar resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/37-P, incoado por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Monte Cabalo, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra o acordo de ampliación de prazo non caberá recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística