Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34669

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (377/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 377/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social (reforzo) número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 377/2012 seguidos por instancia de Antonio Fernández Ventura, que comparece asistido da letrada Sra. Blanco González, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo; a litis versa sobre despedimento.

Ditame:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Antonio Fernández Ventura, que comparece asistido da letrada Sra. Blanco González, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza. A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión. Declárase a extinción da relación laboral que vinculaba o Sr. Fernández Ventura coa empresa Pavimentos Compavi, S.L. dada a inactividade da empresa demandada.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada Pavimentos Compavi, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela 21.203,43 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e que ata a presente sentenza, calculados a razón de 44,05 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial