Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se someten a información pública e audiencia aos interesados os proxectos dos decretos polos que se aproban o Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) e o Plan de recuperación da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia.

O sapoconcho común (Emys orbicularis L.) e a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Steinbacher) están incluídos na categoría «en perigo de extinción» do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. De acordo co artigo 15 deste decreto, a catalogación dunha especie implicará a elaboración dun plan de recuperación, para as especies en perigo de extinción, e dun plan de conservación, para as especies vulnerables.

Mediante Resolución do 23 de marzo de 2012 iniciouse a tramitación e sometéronse a participación pública as propostas de decretos dos mencionados plans. Vistas as observacións recibidas neste procedemento, deuse unha nova redacción ás propostas dos proxectos de decreto que agora se tramitan para a súa aprobación. Segundo o artigo 17 do Decreto 88/2007, os documentos elaborados deberán someterse ao trámite de información pública e audiencia aos interesados para que comparezan no expediente, tras a cal se redactará unha proposta de plan, que se elevará ao Consello da Xunta para a súa aprobación mediante decreto.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Someter a información pública e audiencia aos interesados as propostas dos seguintes decretos:

• Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) en Galicia.

• Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de recuperación da subespecie lusitanica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse exemplares dos proxectos dos decretos á disposición dos interesados nas seguintes dependencias:

• Dirección Xeral de Conservación da Natureza-Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

• Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– A Coruña: r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

– Lugo: rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Ourense: rúa do Paseo, 18, 32003 Ourense.

– Pontevedra: rúa Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra.

• Así mesmo, poderase consultar o texto da proposta na seguinte páxina web da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-
tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidad
e/seccion.html&std=Plans_en_tramitacion.html&sub=Especies_ameazadas/

3. As alegacións formularanse durante o prazo de corenta e cinco (45) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderán remitir estas mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico biodiversidade2.cma@xunta.es

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza