Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO rectificación garderías infantís.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 158, do 17 de agosto de 2012 e no Diario Oficial de Galicia nº 157, do 20 de agosto publicouse o anuncio da contratación por procedemento aberto do servizo para a xestión das escolas infantis municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez (Bouzas).

No punto 7 do anuncio publicado di: «Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe».

O contido dese punto debe dicir: «Requisitos específicos do contratista: clasificación: si, Grupo U, subgrupo 5, categoría C».

O prazo para a presentación de propostas amplíase ata 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Vigo, 21 de agosto de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación