Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Vieira I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Vieira I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Para dar cumprimento á sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña con data do 23 de febreiro de 2012, co número 00183/2012, sobre o recurso contencionso-administrativo co nº 4236/2011, interposto por Luz Muñiz Torrado contra a Resolución da Consellería do Mar do 28 de decembro de 2010, sobre a transmisión inter vivos da concesión da batea Vieira I.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 20 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 174/2002, do 10 de maio, pola que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, aprobado polo Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 97, do 22 de maio de 2002), e na Orde do 8 de maio de 2000, que modifica a do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Luz Muñiz Torrado (33112527-W), da concesión da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Vieira I.

Cuadrícula nº: 41.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 23.12.1988 (BOE/DOG nº 121, do 26.6.1989).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Luz Muñiz Torrado (33112527-W), Elma Ojea Muñiz (33262406-J), Ángel Manuel Ojea Muñiz (33229517-Z) e Otilia Ojea Muñiz (33218381-X).

Nova titular: Luz Muñiz Torrado (33112527-W).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xullo de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar