Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 231/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do recuamento de LMT e CS lugar de Curro-Alvedro.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-715B a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,701 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 57 proxectado de tipo C LF-16/3.000 da LMT SBN-715B, tramo entre o CT Culleredo e derivada ao CT Fonte Igrexa, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 59 proxectado tipo C FL-14/3.000 da LMT SBN-715B, tramo entre o CT Culleredo a CT Fonte Igrexa tras realizar entrada e saída no CS Curro-Alvedro proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea derivada a CT Tarrío a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, con orixe en cela de liña do CS Curro-Alvedro proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×150 Al) e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 2 proxectado tipo C FL-14/2.000 da LMT SBN-715B, derivada a CT Tarrío.

Centro de seccionamento prefabricado manobra exterior 3L.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas