Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT para EDAR de Avión no concello de Avión (expediente IN407A 2011/62-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Concello de Avión.

Domicilio social: praza Maior s/n, 32500 Avión.

Denominación: LMT e CT para EDAR de Avión.

Situación: Avión.

Descricións técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 21 m en aéreo con condutor LA-56 e 307 en subterráneo en condutor RHZ1 12/20 kV 3 (1×95) mm2, con orixe na LMT ALB804 95 87 entre a LMT Beresmo (32A064) e a LMT Valderías (32PZ12) e remate no CT intemperie EDAR de Avión, de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 7.239,50 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Ourense, 11 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas