Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Construcciones Vilamiño, S.A.
Domicilio social: estrada da Coruña, 132, 27080 Lugo.
Denominación: CT para alimentación de edificio de 111 vivendas.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas:
CT en edificio non prefabricado situado na avda. Juan Navia Castrillón, r/ Alonso Pérez, cunha potencia proxectada de 800 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 11 de xuño de 2012
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo