Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Industrias Losán, S.A. para a planta de recubrimento de taboleiro, fabricación de resinas e impregnación de papel localizada no concello de Curtis (A Coruña). Clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-72.

Con data do 25.4.2008 outorgouse a Industrias Losán, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0387_NAA/IPPC_144 para a planta de recubrimento de taboleiro, fabricación de resinas e impregnación de papel localizada no concello de Curtis (A Coruña) da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte da súa notificación ao titular, que se efectuou o 7.5.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

«Planta de fabricación de taboleiro recuberto con chapa de madeira ou papel melamínico, en Curtis (A Coruña). Proxecto básico de solicitude de renovación da autorización ambiental integrada. Clave: 2006/0387_NAA/IPPC. Emisión /07/2012. Código proxecto SER/T/2011/000146».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Curtis (Praza de España, 1, Teixeiro. A Coruña, 15310).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental