Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/ 37-2, 8006 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Chantada 220 KV-(AT-2 Lalín T-V).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

A ampliación consiste no equipamento completo de dúas posicións de 132 kV de transformador e unha posición de liña formadas pola seguinte aparellaxe:

– 3 interruptores tripolares de corte en SF6 ABB tipo LTB-145 D1, 2500ª, 31,5kA.

– 6 transformadores de intensidade Arteche tipo CA-145, 200-400-800/5-5-5-5-5A, 15VA cl.0,2s; 30VA cl.0,5; 3×50VA cl.5P20.

– 3 transformadores de intensidade Arteche tipo CA-145, 300-600-1.200/5-5-5-5-5A, 15VA cl.0,2s; 30VA cl.0,5; 3×50VA cl.5P20.

– 6 transformadores de tensión indutivos Arteche tipo UTE-145 132.000:√3 / 110:√3 -110:√3 - 110:√3 30VA cl.0,2; 30VA cl.0,5 100VA cl. 3P.

– 3 transformadores de tensión capacitivos Arteche tipo DDB-145 132.000:√3 / 110:√3 -110:√3 - 110:√3 30VA cl0,2; 30VA cl.0,5 100VA cl. 3P.

– 9 autoválvulas Bowthorpe tipo 3HSRCP120, 10kA.

– 4 seccionadores xiratorios tripolares Electrotaz Digun-145 2000A.

– 1 seccionador rotativo tripolar Electrotaz Digun-145 2000A, con coitelas para posta á terra da liña.

Instálanse dous novos transformadores de potencia: un autotransformador (AT-2) 220/132 kV 120 MVA e un transformador T-V 132/20 kV 15 MVA. O AT-2 conectarase nas posicións 203 e 104 e o T-V nas posicións 109 e 806.

Características do autotransformador AT-2.

– Relación de transformación 230±10×3,45/138/10 kV.

– Potencia 120 MVA.

– Grupos de conexión YyNad1.

– Refrixeración ONAN/ONAF.

– Regulación en carga, en alta tensión.

Para protección do autotransformador instálanse do lado de 220 kV tres autoválvulas Siemens 245 kV 3EL2 192-2PJ32-4DA1.

Características do transformador T-V.

– Relación de transformación 132/20 kV.

– Potencia 15 MVA.

– Grupos de conexión YNyn0d11.

– Refrixeración ONAN.

– Regulación en carga, en alta tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo