Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/50-2, 8019 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello da Pastoriza.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, 27287 A Pastoriza.

Denominación: LMTS e CS para centro deportivo e piscina en avenida Doctor Constantino Cabaneiro.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas: LMTS a 20 kV consistente en anelar o CS Piscinas (proxectado) entre o CT A Pastoriza (4784) e o CT parque empresarial (14100), cunha lonxitude de 220 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150.

CS Piscinas en edificio prefabricado tipo PF-15, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con fusibles.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de xullo de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo