Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de publicación das bases específicas que rexerán as probas selectivas para cubrir dúas prazas de traballador/a social incluídas na oferta de emprego do ano 2011.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 170, do 26 de xullo de 2012, publicáronse as bases que rexerán as probas selectivas para cubrir dúas prazas de traballador/a social incluídas na oferta de emprego do ano 2011, aprobadas polo Acordo da Xunta de Goberno local do Concello de Ourense en sesión ordinaria do 14 de xuño de 2012, mediante oposición libre, encadrada no grupo A, subgrupo A2. Escala: Administración especial, subescala técnica, clase media, funcionario de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 27 de xullo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde