No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 170, do 26 de xullo de 2012, publicáronse as bases que rexerán as probas selectivas para cubrir unha praza de economista incluída na oferta de emprego do ano 2011, aprobada polo Acordo da Xunta de Goberno local do Concello de Ourense en sesión ordinaria do 14 de xuño de 2012, mediante oposición libre, encadrada no grupo A, subgrupo A1. Escala: Administración especial, subescala técnica, clase superior, funcionario de carreira.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 27 de xullo de 2012
Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde