Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación do servizo de organización e execución do congreso divulgativo e informativo do Proxecto envellecemento+activo que se celebrará na cidade da Coruña, cofinanciado co Proxecto europeo 0552 envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do Poctec 2007-2013, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 65/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de organización e execución do congreso divulgativo e informativo do Proxecto envellecemento+activo que terá lugar na cidade da Coruña, cofinanciado co Proxecto europeo 0552 envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do Poctec 2007-2013.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 15 e 16 de novembro de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: ascende a setenta e tres mil oitocentos corenta e sete euros con corenta e seis céntimos (73.847,46 €), aos cales se lle engaden trece mil douscentos noventa e dous euros con cincuenta e catro céntimos (13.292,54 €) que corresponden ao IVE (18 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de oitenta e sete mil cento corenta euros (87.140 €) .

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 36 96 – 981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.1), capacidade para contratar.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17793

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar