Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador a Balarande Promociones, S.L.

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícaselle a Balarande Promociones, S.L., a proposta de resolución do expediente sancionador do 9 de xullo de 2012.

Comunícaselle que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos considere convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 7 de agosto de 2012

P.A. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño; DOG do 17 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial