Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/190-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: nova subestación 66 kV Cangas II (anteproxecto).

Situación: Cangas.

Características técnicas:

Nova subestación Cangas II con esquema unifilar de dobre barra, tanto en 66 como en 20 kV, 3 transformadores de 25 MVA e servizos auxiliares. Sistemas 66 e 20 kV, situados no interior do edificio.

O sistema de 66 kV consta de 8 posicións:

3 de liña, 3 de transformador, 1 de medida de tensión en barras e 1 de acoplamento.

O sistema de 20 kV consta de 23 posicións:

12 de liña, 3 de transformador, 2 de medida barras, 2 de acoplamento transversal, 2 de acoplamento lonxitudinal e 2 de servizos auxiliares. 3 transformadores de potencia de 25 MVA, RT 66/20 kV, en parque intemperie; dous deles trasladaranse da subestación actual.

A subestación estará situada na zona do polígono da Portela, Cangas e substituirá a actual subestación situada en San Pedro, Darbo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o anteproxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial