Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/43-2, 8012 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Domicilio social: pza. del Gas, 1, 08003 Barcelona.

Denominación: liña de media tensión 20 kV a central hidroeléctrica Belesar II.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, consistente na instalación dun apoio proxectado situado entre os apoios existentes D63 e D63-1 da liña aérea de media tensión existente procedente da saída CHA807 (Belesar II); instálanse 11 metros de condutor tipo LA-56 entre o dito apoio e o existente D63-1 e reténsanse 17 metros de condutor existente.

– LMTS a 20 kV en canalización entubada, en caneta rexistrable, en caneta revisable, en soportes amarrados a paredes e teitos, con orixe nun apoio proxectado no cal se instala un paso aéreo a subterráneo situado entre os apoios existentes D63 e D63-1 da liña aérea de media tensión existente procedente da saída CHA807 (Belesar II) e final na futura cela de liña do centro de transformación, servizos auxiliares Belesar II, cunha lonxitude de 510 metros en condutor tipo RHZ1-2OL(AS)-12/20 kV/3×(1×240) mm2 AI.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 17 de xullo de 2012

P.A. (Decreto 324/2009, artigo 39)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas