Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización administrativa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Santa Comba (A Coruña), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2012/8-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 26.3.2012 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Santa Comba (A Coruña), acompañada do preceptivo proxecto.

Ante esta solicitude, o 10.4.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu iniciar o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de abril de 2012 e durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron outras solicitudes en concorrencia. En consecuencia, procede continuar co procedemento de outorgamento de autorización administrativa solicitada por Gas Galicia SDG, S.A.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Santa Comba (A Coruña), de conformidade co proxecto presentado para o efecto, titulado Proxecto de autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Santa Comba.

Descrición das instalacións:

A subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de GNL (gas natural licuado), que se situará nunha parcela do polígono industrial de Santa Comba, e desde a que partirá a rede de distribución cara a este propio polígono e cara ao núcleo urbano de Santa Comba. A rede de distribución proxectada, que aparece reflectida nos planos de planta de trazado incluídos no proxecto, está formada por:

– Unha rede básica de distribución en rango de presión 2<MOP (presión máxima de operación) ≤5 bar, que parte do punto de subministración e chega ás inmediacións do núcleo urbano de Santa Comba.

– E unha rede secundaria de distribución en rango de presión 0,1<MOP≤2 bar, que parte da rede básica cara aos distintos puntos de consumo.

Esta rede deséñase en polietileno de alta densidade PE 100 SDR 17,6, de diámetro variable de 160 a 63 mm, segundo necesidades. A lonxitude prevista para a rede proxectada é da orde dos 12.941 m, dos cales 2.687 m corresponden á rede básica e 10.254 m á rede secundaria.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o termo municipal de Santa Comba, na provincia da Coruña.

Orzamento: un millón cincocentos noventa e dous mil novecentos sesenta e un euros con sesenta e dous céntimos (1.592.961,62 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación desta resolución, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, praza Luís Seoane, s/n.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas