Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dunha subministración de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2012.03.CTB.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18. Caixa de correo: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: subministración de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario.

3. Execución do contrato: dous anos.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 4.286.969,01 €, máis 900.263,49 € (IVE). Total: 5.187.232,50 €.

7. Valor estimado do contrato: 12.939.433,89 €.

8. Información adicional para la formulación das ofertas: segundo o previsto no último parágrafo da cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación, a formulación das ofertas deberá realizarse tendo en conta a Orde IET/843/2012, do 25 de abril, pola que se establecen as peaxes de acceso a partir do 1 de abril de 2012 e determinadas tarifas e primas das instalacións do rexime especial.

9. Garantías exixidas: definitiva 5 % do importe de licitación, incluído o IVE, en calquera modalidade do artigo 96 do TRLCSP.

10. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3.1.f), g) e h) do PCAP.

11. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o día 24.9.2012, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano –Consellería de Traballo e Benestar–, en Santiago de Compostela, 15781. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

12. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na Sala de Xuntas da consellería situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela o día 4 de outubro de 2012, ás 10.00 horas.

13. Gastos de publicidade. Custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa/liña de texto: 15,35 €. Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

14. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 14 de agosto de 2012.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 5.3º da Orde 19.8.2009)
Pablo Nimo Ríos
Vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar