Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012055TA-PO, incoado por infraccións do previsto na Lei 28/2005, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Con data do 13 de xullo de 2012, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012055TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra á José Francisco González Pérez, con DNI 35566317-Z, como titular do establecemento Karaoke.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á José Francisco González Pérez, titular do establecemento Karaoke, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 8 de agosto de 2012

P.A. (Resolución 3.7.2009)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Número do expediente: 2012055TA-PO.

Denunciado: José Francisco González Pérez, con DNI: 35566317-Z, titular do establecemento Karaoke.

Último domicilio coñecido: rúa Rosalía de Castro, nº 49, piso 2º L, 36450 Salvaterra de Miño.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Precepto presuntamente infrinxido:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).