Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de nave existente dedicada a explotación avícola na Graña de Umia-Quintillán (expediente AC-73/12-2812).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-73/12-2812, que se tramita neste concello por instancia de Ricardo Couto Pereiro para o acondicionamento de nave existente dedicada a explotación avícola na parcela 490 do polígono catastral 305, no lugar da Graña de Umia (Quintillán), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto, que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 17 de xullo de 2012

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa