Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33455

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Laracha (PXOM) que ten por finalidade o cambio de localización da actual parcela de equipamento deportivo establecida no PXOM a outro lugar de maior idoneidade, co obxectivo de construír un novo campo de fútbol, contido no proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L., constando a decisión, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de non sometemento ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do 23 de decembro de 2011 e, o informe previo a aprobación inicial, emitido o día 6 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Segundo. Someter o expediente a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Terceiro. Solicitar os informes sectoriais que resulten pertinentes.

Cuarto. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado, conforme o artigo 77.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo Municipal de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A Laracha, 27 de xullo de 2012

José Manuel López Varela
Alcalde