Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33340

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores en centros de investigación alleos ao sistema universitario de Galicia (SUG), e para a concesión, das bolsas para estadías correspondentes a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño, en centros alleos ao SUG, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia.

Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento I2C (2011-2015).

O Plan I2C recolle dentro do eixo estratéxico 1: Xestión do Talento a liña de actuación 2.1 de apoio á carreira investigadora co fin de garantir os instrumentos de apoio ao desenvolvemento da carreira investigadora para dispor das capacidades necesarias para lograr os obxectivos marcados no plan.

Con esta liña de axudas preténdese:

1. Completar a etapa de formación posdoutoral dos investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño en centros alleos ao SUG, mediante bolsas de estadías en centros de investigación de fóra da Comunidade Autónoma.

2. Dar cumprimento á duración temporal prevista para o Programa Isidro Parga Pondal do anterior Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, e de acordo co disposto na disposición adicional primeira deste quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, subrogándose a axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedéndoa en todas as súas competencias.

Conforme o establecido no Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio (BOE do 24 de maio), polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, que desenvolve no ámbito galego a Lei 3/2010, do 23 de xuño (DOG do 24 de xuño), pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, as contías das axudas correspondentes ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal recollidas nesta convocatoria experimentan unha redución do 5 %, en termos anuais, respecto das que se estableceron na súa convocatoria.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación correspondentes ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores alleos ao sistema universitario de Galicia (en adiante SUG) e as bases polas que se rexerá a concesión das bolsas para estadías de investigación fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño en centros de investigación alleos ao SUG.

2. Así mesmo, convócanse, conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, as ditas axudas que se rexerán polas presentes bases xerais, así como por aquelas específicas que se inclúen como anexos a esta resolución.

3. As modalidades de axuda teñen os códigos de procedemento que se indican no seguinte cadro:

Modalidade de axuda

Anexo

Código

Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2009

I

IN840B

Estadías 2012

II

IN809A

4. As axudas do anexo I convócanse polo réxime de concorrencia competitiva e as do anexo II conforme o procedemento de rateo previsto no artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Requisitos dos solicitantes e presentación de solicitudes

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado cuxa portada se inclúe, a título exclusivamente informativo, para a prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2009 no anexo III e para o Programa de estadías 2012 no anexo IV. Ademais, os beneficiarios das axudas non poderán estar incursos nas causas de prohibicións para obter a condición de beneficiarios previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán cumprir as obrigas do artigo 11 desta lei, así como os requisitos que se establezan para cada tipo de axuda no anexo correspondente.

2. A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude segundo a táboa seguinte:

Axudas

Modelo solicitude

Formulario

Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2009

IPP-12/01

Anexo III

Estadías 2012

EST-12/00

Anexo IV

O formulario inclúe:

1. A declaración responsable do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin por outras administracións ou ente públicos ou privados.

2. A declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Outras declaración específicas para cada anexo.

O formulario de solicitude debe ser asinado polo representante legal do centro. Esta sinatura supón o compromiso de verificación dos datos que se presentan nas solicitudes.

b) A documentación que se estableza no artigo 5 do anexo I para a prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2009 e no artigo 5 do anexo II para o Programa de estadías 2012.

c) O formulario normalizado de solicitude (anexo III e IV) e os demais anexos (anexo V e VI), que se inclúen a título exclusivamente informativo, poderanse obter, cubrir, aceptar e imprimir na páxina da Axencia Galega de Innovación http://www.gain.xunta.es, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes poderán presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia http//:sede.xunta.es, no Rexistro Xeral da Axencia Galega de Innovación, rúa dos Feáns, 7, baixo C, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 4. Información aos/ás interesados/as

1. Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos indicados no punto 3 do artigo 1 destas bases xerais, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega de Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Innovación: http://gain.xunta.es

b) No seguinte teléfono da Axencia Galega de Innovación: 981 54 10 75.

c) No enderezo electrónico: gain@xunta.es

2. Así mesmo, para cuestións xerais deste ou doutro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

Artigo 5. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas axudas destinaranse os créditos dos orzamentos da Axencia Galega de Innovación que a seguir se indican para cada acción e nas seguintes anualidades, tendo en conta que para o Programa Isidro Parga Pondal o mes de decembro dos anos 2013 e 2014 financiarase con cargo aos exercicios 2014 e 2015 respectivamente:

Anexos

Programa

Partida orzamentaria

Custo máx.

Prazas

2012

2013

2014

2015

Total

I

Prórroga Parga Pondal 2009

08.A3.561A.403.0

34.200,00

2

62.700,00

68.400,00

5.700,00

136.800,00

I

Prórroga Parga Pondal 2009

08.A3.561A.432.0

34.200,00

1

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

I

Prórroga Parga Pondal 2009

08.A3.561A.443.0

34.200,00

1

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

I

Prórroga Parga Pondal 2009

08.A3.561A.480.0

34.200,00

3

94.050,00

102.600,00

8.550,00

205.200,00

Total I

7

219.450,00

239.400,00

19.950,00

478.800,00

II

Estadías 2012 Ángeles Alvariño

08.A3.561A.480.0

100.000,00

100.000,00

Total II

100.000,00

100.000,00

Total xeral

100.000,00

219.450,00

239.400,00

19.950,00

578.800,00

As axudas concedidas poderán ser financiadas polo FSE, no eixo 3 e tema prioritario 74 do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, tanto no exercicio corrente como nos seguintes, nunha porcentaxe máxima do 80 %.

Por iso, as entidades beneficiarias e os contratados ao abeiro destas axudas deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De acordo co artigo 51.Un da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, os interesados están exentos de achegar as xustificacións do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

Así mesmo, conforme o establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os documentos esixidos que xa estean en poder da Administración actuante non deberán ser achegados coa solicitude, sempre que nela se faga constar a data e órgano ou dependencia en que foi presentada a documentación e que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que corresponda.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

5. A Axencia Galega de Innovación velará polos datos de carácter persoal, que serán obxecto de tratamento, e para estes efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como administrativas.

A finalidade da recollida dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros, no entanto, a Axencia Galega de Innovación revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente.

6. As solicitudes que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006.

Artigo 7. Órganos competentes

A Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da/s axuda/s establecida/s nesta convocatoria, e correspóndelle ao director da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

Artigo 8. Instrución do/s procedemento/s e tramitación

A instrución dos procedementos corresponde á Axencia Galega de Innovación.

1. As unidades da axencia comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta convocatoria.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta base reguladora ou no anexo da convocatoria, requirirase mediante anuncio na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://www.gain.xunta.es) para que:

a) Os interesados e interesadas poidan emendar os erros e falta de documentos indicados, ante a Axencia Galega de Innovación, achegando, de ser o caso, a documentación necesaria no prazo de 10 días hábiles.

b) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de selección, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria ou que esta non cumpra os requisitos establecidos, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non-admisión, na que se indicarán as causas desta.

6. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 6 do anexo I para a prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2009 e no artigo 6 do anexo II para o Programa de estadías 2012. A comisión de valoración poderá contar co asesoramento de expertos externos.

2. A comisión de valoración estará composta polos seguintes membros (todos eles con voz e voto):

a) Presidente: o/a director/a da área de financiamento da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

c) Vogais: tres persoas designadas polo director da Axencia Galega de Innovación.

3. No informe que elabore o órgano instrutor figurarán, de xeito individualizado, os solicitantes propostos para obter a subvención e a puntuación obtida. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible.

Artigo 10. Resolución e notificación

1. De acordo co artigo 21.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se non son tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados nas súas solicitudes, poderase prescindir do trámite de audiencia polo que o director da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións de concesións.

2. A/s dita/s resolución/s expresará/n, cando menos:

a) As entidades/persoas beneficiarias da axuda e, de ser o caso, os candidatos seleccionados.

b) O importe global da axuda para cada entidade/persoa.

c) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

d) Os restantes extremos establecidos no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no DOG, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º.b) desta lei, a notificación individual de concesión da axuda substituirase pola publicación no DOG e na páxina web http://gain.xunta.es, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 11. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorrer as circunstancias previstas para tales efectos nestas bases reguladoras.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente que deberá recoller os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o novo Regulamento autonómico que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, para que poida operar a modificación.

4. A situación de baixa por maternidade, risco durante o embarazo, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade, suspenderán o cómputo da duración do contrato do Programa Isidro Parga Pondal, logo de solicitude da entidade beneficiaria correspondente nun prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza. A Axencia Galega de Innovación ditará, se é o caso, resolución de suspensión e tramitará o correspondente expediente de gasto.

Artigo 13. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, unha vez notificada, os solicitantes disporán dun prazo de dez días para a aceptación da axuda, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na web http://gain.xunta.es así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta convocatoria quedan obrigados a:

1. Cumprir cos obxectivos das axudas que se concedan, así como cos compromisos asumidos e acreditar a realización da actividade subvencionada. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederase ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para isto, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

2. Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Axencia Galega de Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

3. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Nos contratos das prórrogas Isidro Parga Pondal 2009 deberá facerse referencia expresa:

– Ao seu financiamento con cargo ao Programa Isidro Parga Pondal da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

– A data de incorporación efectiva do candidato selecionado ao seu posto de traballo.

– A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do candidato seleccionado e a duración do contrato.

5. Comunicar á Axencia Galega de Innovación, no momento en que sexan beneficiarios, calquera axuda concedida para o mesmo fin, así como o seu importe e duración.

6. Os beneficiarios deben manter unha separación contable axeitada para os gastos relacionados coa axuda que facilite a pista de auditoría.

7. Os beneficiarios deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo.

8. Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión.

Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

Artigo 15. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, no Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición adicional primeira

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional segunda. Tramitación

A revisión dos expedientes desta convocatoria poderá ser realizada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, de acordo co establecido na encomenda de xestión para o ano 2012 realizada pola consellería de Economía e Industria á dita entidade, por Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de xaneiro de 2012, que quedará sometida a todos os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, para obter a condición de entidade colaboradora, asumindo as obrigas previstas no artigo 12 do mesmo texto legal.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I
Prórroga das axudas para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás ás universidades do SUG (Programa Isidro Parga Pondal) concedidas no ano 2009

Artigo 1. Obxectivo e finalidade da convocatoria

Co obxectivo de equiparar a duración das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Isidro Parga Pondal coa duración das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Economía e Competitividade (5 anos), esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión dunha prórroga de dous anos das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal 2009, para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos e centros de investigación de Galicia alleos ao SUG, adxudicadas por Resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010).

Artigo 2. Requisitos dos candidatos

Poderán participar nesta convocatoria aqueles doutores que, na data de peche desta convocatoria, teñan en vigor un contrato como investigador correspondente ás axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2009, adxudicadas por Resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010) e que estean contratados por entidades distintas das universidades do SUG.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás ás universidades do SUG que contraten os candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato laboral a tempo completo de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e polo Real decreto lexislativo 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, en virtude do cal o candidato/a seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro onde desenvolva a súa actividade.

Artigo 4. Dotación, gastos financiables, número e duración dos contratos

1. A axuda concedida para cada prórroga dos contratos será de 34.200 euros por ano.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 34.200 euros anuais, deberá achegar a diferenza. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos contratos laborais.

2. Os gastos financiables son os gastos de persoal, é dicir, o salario bruto reflectido na nómina e a cota patronal da Seguridade Social.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/72965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

3. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 7, que corresponden coa totalidade de axudas vixentes na actualidade.

4. A duración das axudas así como a prórroga dos contratos establecida ao seu abeiro, será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2014.

Artigo 5. Formalización de solicitudes

As solicitudes presentaranse na forma e prazo establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais desta resolución, asinadas polo candidato e co visto e prace do representante legal do organismo correspondente. Ademais do formulario de solicitude (modelo IPP-12/01), cuxa carátula se publica no anexo III, deberan entregarse os seguintes documentos:

1. Memoria (mínimo 2 folios e máximo 10) asinada polo candidato na que se resuman:

a) A actividade investigadora desenvolvida desde a súa incorporación ao Programa Isidro Parga Pondal.

b) Plan de traballo que o candidato propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

2. Currículo asinado polo candidato, correspondente ao período do contrato Parga Pondal. Indicarase en cada unha das alíneas do modelo oficial de currículo, que figura na páxina web http://gain.xunta.es, as actividades investigadoras posteriores ao inicio da súa actividade como contratado ao abeiro das axudas do Programa Isidro Parga Pondal.

3. No caso de solicitudes presentadas electronicamente, a solicitude deberá presentarse polo representante legal do centro. O candidato deberá achegar un documento cuxo modelo está dispoñible na páxina web http://gain.xunta.es, no que acepta esta presentación.

Artigo 6. Criterios de valoración

Para os efectos da concesión da prórroga das axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2009, a selección das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de valoración indicada no artigo 9 das bases xerais desta convocatoria. A valoración realizarase considerando o período do contrato Isidro Parga Pondal e conforme os seguintes criterios:

Criterio

Puntuación máxima

Actividades desenvolvidas polo solicitante durante a vixencia do contrato.Valorarase:

a) Comunicacións a congresos internacionais: máximo 5 puntos.

b) Comunicacións a congresos nacionais: máximo 3 puntos.

c) Dirección teses doutoramento: máximo 4 puntos.

d) Estadías fóra da Comunidade Autónoma: ata 2 puntos por cada 3 meses de estadías.

e) Cursos realizados: máximo 1 punto.

f) Docencia impartida: máximo 1 punto.

g) Premios: máximo 1 punto.

h) Outros: máximo 3 puntos.

20

Artigos xa publicados en revistas de carácter científico-tecnolóxico, patentes, libros ou capítulos de libro. Por cada achega: ata un máximo de 5 puntos.

Na valoración das publicacións, sempre que sexa posible, a comisión terá en conta o índice de impacto e o percentil no que se atopa a revista na que se publicou o artigo.

30

Capacidade do solicitante para liderar grupos de investigación, medida a partir do financiamento obtido en convocatorias públicas competitivas. Valorarase:

a) Contratos de investigación: máximo 15 puntos/contrato.

b) Proxectos de investigación como investigador principal: máximo 10 puntos/proxecto.

c) Proxectos de investigación como membro de equipo: máximo 5 puntos/proxecto.

30

Plan de traballo que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

20

Realizada a valoración, a comisión, de conformidade co establecido no artigo 20.2º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, outorgará 1 punto a aqueles solicitantes que se comprometan a utilizar a lingua galega na realización de actividades para as que se solicita a axuda.

A puntuación mínima requirida para obter a prórroga é de 60 puntos.

Artigo 7. Avaliación da calidade de produción e da actividade científico-tecnolóxica

1. No quinto ano de permanencia no programa, requírirase aos investigadores para que remitan o seu currículo actualizado para efectuar un proceso de avaliación co fin da obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada.

2. A Axencia Galega de Innovación emitirá, durante o segundo ano da prórroga, a correspondente certificación do cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada, a aqueles investigadores contratados do Programa Isidro Parga Pondal que acaden unha avaliación final positiva por expertos externos.

Artigo 8. Xustificación e pagamento da subvención

1. Para cobrar as axudas concedidas para o Programa prórroga Isidro Parga Pondal 2009 as entidades beneficiarias deberán presentar, nos prazos sinalados no artigo 9 do anexo I, os seguintes documentos:

a) Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga.

b) Documento de libramento da subvención (dispoñible na páxina web).

c) Certificación dos gastos de persoal [modelo X1] (dispoñible na páxina web).

d) Documentos que acrediten os gastos de persoal (orixinal ou copia compulsada das nóminas e TC2).

e) Documentos que acrediten o pagamento do salario e da cota patronal (orixinal ou copia compulsada dos xustificantes bancarios ou TC1 selado pola entidade bancaria). Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán estar detallados o perceptor, os receptores así como as cantidades percibidas por cada un deles.

f) Declaración responsable das axudas, tanto solicitadas como concedidas, para este fin (dispoñible na páxina web).

2. A documentación presentaranse no Rexistro Xeral da Axencia Galega de Innovación, rúa dos Feáns, 7, baixo C, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O pagamento realizarase tras a correspondente xustificación.

4. Nos documentos correspondentes a cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destas cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto no que se reflicta o importe da cotización devengada, quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos prazos de xustificación establecidos no artigo 9 do anexo I.

Artigo 9. Prazo de xustificación

Período

Documentación (artigo 8 anexo I)

Prazo de presentación da xustificación

Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga.

20 de xaneiro 2013

1º semestre

Desde o 1.1 ata o 30.6 (2013 e 2014)

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (orixinal ou copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento do salario e da cota patronal (orixinal ou copia compulsada dos xustificantes bancarios ou TC1 selados pola entidade bancaria) excepto a documentación que acredita a liquidación da cota patronal do mes de xuño.

5. Declaración responsable do conxunto das axudas.

15 de xullo do ano correspondente

Unha vez achegada esta documentación efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación da cota patronal do mes de xuño.

15 de agosto do ano correspondente

En caso de que non se aporte esta documentación non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

2º semestre

Desde o 1.7 ata o 30.11 (2013 e 2014)

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento do salario e da cota patronal (orixinal ou copia compulsada dos xustificantes bancarios ou TC1 selados pola entidade bancaria) excepto a documentación que acredita a liquidación da cota patronal do mes de novembro.

5. Declaración responsable do conxunto das axudas.

15 de decembro do ano correspondente

Unha vez aportada esta documentación efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación da cota patronal do mes de novembro.

15 de xaneiro do ano seguinte

En caso de que non se achegue esta documentación non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

Decembro

(2013 e 2014)

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento do salario e da cota patronal (orixinal ou copia compulsada dos xustificantes bancarios ou TC1 selados pola entidade bancaria) incluída a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de decembro.

5. Declaración responsable do conxunto das axudas.

15 de febreiro do ano seguinte

Unha vez achegada esta documentación efectuarase o pagamento do período.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo sen ter presentado a xustificación perante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Compatibilidade das axudas

A axuda é incompatible con calquera outra destinada á mesma finalidade.

A prórroga do contrato é incompatible coa realización doutro traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento dalquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación.

Artigo 11. Renuncias dos investigadores contratados

A renuncia deberá comunicarse mediante escrito motivado do investigador, dirixido ao director da Axencia Galega de Innovación, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza. No caso de que a comunicación da renuncia se produza con posterioridade ao pagamento efectivo, a parte que corresponda descontarase nos seguintes pagamentos e, de ser o caso, procerase ao seu reintegro.

O candidato seleccionado deberá trasladar copia desta comunicación ao representante legal do centro.

Artigo 12. Dereitos dos investigadores contratados

O persoal investigador contratado ten dereito a percibir a retribución correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos á Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpra as súas obrigas.

Artigo 13. Obrigas dos investigadores contratados

O persoal investigador contratado ten as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na correspondente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente sexan autorizados.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta convocatoria poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente esta colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 14. Obrigas dos organismos ou entidades de acollida

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos nos que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO II
Bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para investigadores do Programa Ángeles Alvariño, contratados en centros alleos ao SUG

Artigo 1. Finalidade

Estas axudas teñen como finalidade favorecer a actualización de coñecementos, a adquisición de novas técnicas de investigación, así como completar a formación dos investigadores de Galicia, mediante a súa incorporación temporal a centros de investigación de fóra de Galicia, preferentemente no estranxeiro, establecendo, ademais, relacións de interese entre ambas as partes.

Artigo 2. Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía

As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores con contrato en vigor en centros de investigación de Galicia alleos ao SUG, ao abeiro das axudas do Programa Ángeles Alvariño, que aínda non completasen 24 meses de estadías posdoutorais e que non acadasen o grao de doutor/a nunha universidade estranxeira.

Cada persoa só poderá solicitar unha estadía de 1 a 12 meses de duración e, como máximo, polo período que lle falta para completar 24 meses de estadías posdoutorais.

Artigo 3. Duración da estadía e condicións de aproveitamento

1. As estadías para as que se solicite unha axuda ao abeiro desta convocatoria deberán iniciarse en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro do ano 2012 e finalizarse en data igual ou anterior ao 20 de decembro do ano 2012, agás as estadías concedidas cunha duración de 12 meses, que poderán rematarse o 31 de decembro de 2012.

2. Non se poderá realizar suspensión ningunha das estadías.

Artigo 4. Contía das axudas

O importe da axuda comprenderá:

1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, cunha asignación de 400 euros para estadías en España, Portugal e Andorra, 600 euros para estadías no resto de Europa e de 1.000 euros para estadías no resto do mundo.

2. Unha asignación mensual bruta de:

– Un máximo de 1.200 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra.

– Un máximo de 1.500 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Europa, África ou América (excluído Estados Unidos e Canadá).

– Un máximo de 1.900 euros, se a incorporación se produce en Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/72965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

Artigo 5. Formalización das solicitudes

As solicitudes presentaranse na forma e prazo establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais desta resolución. Ademais do formulario de solicitude (modelo EST-2012/00), cuxa carátula se publica no anexo IV, deberán entregarse os seguintes documentos:

1. Carta de invitación (orixinal ou copia cotexada) do centro onde se vai desenvolver o traballo, debidamente asinada polo responsable deste, na que deberá constar o seguinte contido:

a) As datas de inicio e fin da estadía: desde (dd/mm/aaaa) ata (dd/mm/aaaa).

b) Deberá acreditarse a autenticidade da carta de invitación con:

– Papel oficial, e

– Selo do centro de realización da estadía.

Polo responsable do centro entenderase o director do centro, director de departamento ou director do grupo de investigación no que se integrará o solicitante destas axudas. En calquera caso, a sinatura deberá acompañarse da identificación da persoa que asina a carta de invitación así como do cargo que ocupa.

2. Plan de traballo en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, no que se faga constar:

– Calendario.

– Programa das actividades que se van realizar.

O plan de traballo deberá estar asinado polo interesado e ter unha extensión de entre 2 e 4 páxinas.

3. Anexo V. Informe de conformidade e certificación de vinculación do/a solicitante (orixinal ou copia cotexada), emitido polo director do centro de investigación ao que estea vinculado o solicitante.

4. Anexo VI. Declaración da totalidade das estadías realizadas tras a lectura da tese de doutoramento.

Artigo 6. Avaliación e selección das solicitudes

A avaliación das solicitudes será feita pola comisión de valoración indicada no artigo 9 das bases xerais desta convocatoria. A comisión deberá valorar o plan de traballo e o seu interese. A valoración do plan de traballo corresponderase coa calificación de apto ou non apto. O plan de traballo considerarase como non apto nos seguintes supostos:

– O plan proposto non corresponde á realización de actividade de investigación ou innovación.

– As actividades propostas non requiren o desprazamento do solicitante do seu centro habitual de traballo.

No segundo caso, a comisión realizará a proposta de denegación da axuda ao candidato.

No caso de que o importe das axudas solicitadas que acaden a valoración apto no plan de traballo supere o crédito dispoñible, a comisión de selección rateará o crédito dispoñible reducindo proporcionalmente a duración das estadías e respectando a duración mínima dun mes.

Artigo 7. Xustificación e pagamento da bolsa

1. Os beneficiarios das bolsas están obrigados a:

a) Comunicar a data de incorporación ao centro de destino mediante certificado de incorporación –orixinal–, segundo modelo normalizado que estará á disposición dos interesados na páxina web http://gain.xunta.es

O informe deberá conter as seguintes características:

1º. A data exacta de inicio (dd/mm/aaaa),

2º. Deberá acreditarse a orixe do informe coa utilización de:

– Papel oficial, e

– Selo do centro.

O certificado, debidamente asinado polo responsable do centro de destino, será remitido á Axencia Galega de Innovación, no prazo máximo de 15 días desde a data de incorporación ou xunto coa aceptación da bolsa.

Unha vez incorporados ao centro de destino deberán atoparse, en todo momento, en condicións de xustificar o seu labor asiduo no centro.

b) Presentar no prazo máximo de 20 días naturais desde a finalización da estadía, a seguinte documentación sobre o traballo realizado:

1º. Memoria do traballo realizado asinada polo beneficiario da axuda e cunha extensión entre 2 e 4 páxinas.

2º. Unha copia dos traballos publicados.

3º. Informe (orixinal ou copia cotexada) asinado polo director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro, indicando datas de inicio e finalización (dd/mm/aaaa).

A orixe do informe deberá acreditarse coa utilización de:

– Papel oficial, e

– Selo do centro.

4º. Declaración responsable das axudas, tanto solicitadas como concedidas, para este fin.

2. Os cambios de centro de destino nas estadías solicitadas serán só admisibles antes da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, e por circunstancias excepcionais que así o aconsellen, tras o informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados, e autorización expresa da Axencia Galega de Innovación.

3. En calquera momento a Axencia Galega de Innovación, poderá reclamar:

– Informe do centro receptor sobre o labor realizado polo beneficiario da axuda.

– Xustificantes acreditativos da realización da viaxe (carta de embarque, billete de tren, pasaporte etc.).

4. As bolsas pagaranse mensualmente, quedando pendente a última mensualidade ata a xustificación final da estadía. Poderase realizar o pagamento total da estadía nunha soa vez, se o bolseiro acredita a realización total desta ou un pagamento parcial acumulado que se corresponda coa parte proporcional da estadía realizada.

5. De non determinarse outra data na resolución final de adxudicación, a axuda institucional pagarase xunto co primeiro pagamento.

6. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo sen ter presentado a xustificación perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

A axuda é incompatible con calquera outra destinada á mesma finalidade. Non obstante, se a axuda non financia a duración total da estadía, será compatible con outra/s, unicamente polo período non financiado.

Artigo 9. Publicación dos resultados obtidos

Os resultados obtidos durante o período de aproveitamento da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer constar a axuda recibida da Xunta de Galicia e a súa cofinanciación con fondos do FSE, e terán que enviarlle á Axencia Galega de Innovación un exemplar da publicación.

Artigo 10. Incidencias

As renuncias que se produzan poderán ser obxecto de substitución pola Axencia Galega de Innovación de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Axencia Galega de Innovación resolverá todas as dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación desta convocatoria.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file