Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 281/2009).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do recuamento LMTS AC-566 Narón-Campo do Hospital.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo CRN716B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,957 km, coa orixe e final na LMTS polígono Río do Pozo CRN716B, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo GRN717B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,957 km, coa orixe e final na LMTS polígono Río do Pozo CRN717B, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo CRN719, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,017 km, coa orixe e final na LMTS polígono Río do Pozo CRN719, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CS Lagoas-Privilege CRN707A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,439 km, coa orixe no CT As Lagoas e final na LMTS Lagoas-Privilege, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas