Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado do proxecto LMTS, CTC polígono A Dorna.
Situación: concellos de Boiro e Rianxo.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 10,570 km, coa orixe en cela de liña na subestación de Boiro, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al y final en apoio de celosía 16/2000 existente da LMTA BOI809 entre o CT O Pazo e o CT Igrexa Taragoña, realizando entrada e saída nos CTS proxectados.
– Centros de transformación nº 1, 3, 4 e 5, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.
– Centro de transformación nº 6, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.
– Centros de transformación nº 2 e 7, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 12 de xullo de 2012
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas