Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Portomarín (expediente IN407A 2012/49-2, 8018 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: amplicación CT Vigo 27AJ14.

Situación: concello de Portomarín.

Características técnicas:

Cambio do transformador existente (50 kVA) no CTI Vigo (27AJ14) por un de 100 kVA de potencia e unha relación de transformación de 20.000V/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xullo de 2012

Por ausencia (Decreto 324/2009, artigo 39)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas