Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante acordo marco, da subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para esta consellería (servizos centrais e xefaturas territoriais) (expediente 06/12 SX).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 06/12 SX.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario do material informático non inventariable definido no prego de prescricións técnicas (PPT) para a Consellería de Economía e Industria (servizos centrais e xefaturas territoriais).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de duración do acordo marco será dun ano que se contará desde o día seguinte ao da súa sinatura. A duración do contrato ou contratos que se celebren baseados no acordo marco non poderán exceder, individual ou conxuntamente, o prazo de duración do acordo marco.

f) Admisión de prórroga: o acordo marco non será susceptible de prórroga.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 30237300-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, mediante acordo marco.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 112.982,25 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 112.982,25 euros. Importe total 136.708,52 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (5.649,11 euros).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do rexistro xeral e información á cidadanía no complexo administrativo de San Caetano.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación do dito anuncio será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17910

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

P.D. (Orde do 30.4.2009; DOG núm. 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria