Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2012/29).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Domicilio social: San Martín do Porto, 15622 Cabanas.

Denominación: recuamento e soterramento da LMT colexio Eladia Mariño.

Situación: Cabanas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,914 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al), coa orixe en apoio nº 8 da LP Fenosa e final no apoio nº 21 (expte. IN407A 396/2011).

Reforma-ampliación CT A Costa, instalación de 4 celas de liña e unha de protección de transformador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña