Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada do proxecto básico das instalacións do vertedoiro de residuos non perigosos, promovido por Reciclaje Ambiental Lesta, S.L., no concello de Ordes (A Coruña). (Clave 2011/0066_AIA/IPPC).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), e no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental (DOG nº 126, do 1 de xullo), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles (contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio), quedará exposta en horas de atención ao público a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada, para a explotación referida no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación a expoñer será:

– «Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións do vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes» Promotor, Reciclaje Ambiental Lesta, S.L.

– «Proxecto construtivo dun vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes. Tomo I» Documento visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia o 24.10.2011 co nº 334.

– «Proxecto construtivo dun vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes. Tomo II» Documento visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia o 24.10.2011 co nº 334.

– «Memoria técnica para xestión de valorización de residuos de construción e demolición no municipio de Ordes, A Coruña».

Para isto, poranse á disposición dos administrados exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña).

– Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Ordes (avda. Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes, A Coruña).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave: 2011-IPPC-I-66.

Razón social: Reciclaje Ambiental Lesta, S.L.

Domicilio fiscal: lugar de Portobrea 3, Queixas-Cerceda.

Localización das instalacións: o vertedoiro situarase nos lugares de Porto Fieito e Fonte de Trigo da parroquia de San Andrés de Lesta, no concello de Ordes (A Coruña). Folla 1:50.000 do Mapa Topográfico Nacional nº 70. Coordenadas UTM X: 544.160, Y: 4.775.340).

As características principais do vertedoiro serán as seguintes:

Tipo de vertedoiro: vertedoiro de residuos non perigosos.

Actividade: vertido de residuos especialmente deseñados (D5).

Capacidade total: 1.654.169 t.

Cantidade anual a eliminar: 82.708 t/ano.

Vida útil: 20 anos.

En paralelo á actividade de eliminación pretendese obter a inscrición da empresa como xestora de valorización de residuos de construción e demolición (RCD) mediante a utilización dunha planta móbil de RCD autorizada.