Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica resolución do secretario xeral de Medio Rural e Montes ditada no expediente de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime rurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución ditada no expediente de recurso de alzada interposto contra resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural na zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo) por ser devolto polo servizo de Correos en dúas ocasións.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorrial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Lugo, 27 de xullo de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

Anexo

Expediente: resolución.

Interesado: María José Pérez Mel y Pérez Batallón.

Último enderezo coñecido: rúa Marina Española, 35, 2º, Lugo.

Acto notificado: resolución ditada no expediente de recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural na zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data de publicación desta notificación, poderá interpor recurso de alzada contra ela ante a conselleira do Medio Rural e do Mar na forma prevista regulamentariamente.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestuturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Lugo, sito no edificio administrativo, rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo.

Acordo: inadmitir por extemporáneo o recurso interposto.