Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/46-2, 8015 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT 12437 Estanco.

Situación: Concello de Cervo.

Características técnicas:

• Eliminación da LMT derivación ao CTI 12437 Estanco e do CT de intemperie.

• Adecuación do OCR 08658 Sargadelos, no cal se instala a máquina transformadora do actual CTI 12437 Estanco e un cadro de baixa tensión formado por catro saídas.

• Adecuación das RBT con orixe no cadro de baixa tensión proxectado no OCR 08658 Sargadelos e final nos circuítos de baixa tensión existentes do actual CTI 12437 Estanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de xullo de 2012

Por ausencia (Decreto 324/2009, artigo 39)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas