Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2012/158-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: LMT, CT, RBT Cesantes praia II.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 161 metros de lonxitude, con orixe na LMT Ferreiras (PSY702) e final no CT proxectado Cesantes praia II. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado en San Pedro, Cesantes, Redondela. Dúas redes de BT, unha aérea e outra subterránea, de 222 e 63 metros de lonxitude, respectivamente.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Redondela; lugar: San Pedro (Cesantes); titular: Pilar Bautista Campos; enderezo: Alto dos Tras nº 11, Cesantes, 36693 Redondela; afección: 21,79 m2 para o centro de transformación.