Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de construción de dúas naves para cebadeiro de xatos.

María Espinosa Estévez, con DNI 44485604-Q, solicitou licenza municipal para construción de dúas naves para cebadeiro de xatos, na parcela número 626, polígono 21 do catastro de rústica, no lugar nomeado As Estoqueiras, no Canizo, neste municipio; en cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo –que empezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– poida ser examinado o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Gudiña, 13 de xullo de 2012

Guillermo Lago Pérez
Alcalde