Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO sobre solicitude de licenza municipal para a instalación e apertura de planta dosificadora de formigón.

A UTE Conso, con CIF U-32428401, solicita licenza municipal para instalación e apertura de planta dosificadora de formigón, no lugar de Mesón de Herosa neste municipio, á altura do p.q. 136:300, marxe dereita da estrada nacional 525.

En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincial– poida ser examinado o expediente na Secretaría deste Concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Gudiña, 17 de xullo de 2012

Guillermo Lago Pérez
Alcalde