Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel, mediante a modalidade de concesión.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e mais o proxecto, que inclúe o prego de prescricións técnicas, que rexen a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel, mediante a modalidad de concesión, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel.

2. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), sen IVE é de 532.421,72. As ofertas dos licitadores, en canto ao prezo, serán á baixa do importe do orzamento máximo de licitación por ano, sen IVE.

3. Duración do contrato: trátase dun contrato plurianual de catro (4) anos, sen posibilidade de prórroga.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non fose sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os seguintes:

a) Memoria en forma de proxecto da explotación da concesión, ata cincuenta (50) puntos, conforme o especificado na cláusula 8ª do prego respectivo.

b) Prezo referenciado ao orzamento máximo de licitación por ano e sen IVE (532.421,72 euros), ata cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

8. Solvencia técnica-profesional: acreditación de estar debidamente inscrito o licitador no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da consellería competente en materia de asuntos sociais da Xunta de Galicia, dentro da área de infancia, conforme o disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, que regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.

9. Garantías: provisoria non se precisa. Definitiva, 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

10. Entidade e información:

Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.Sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 1 de agosto de 2012

Catalina González Bea
Alcaldesa