Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32401

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de información pública sobre solicitude para construción de almacén de granulados.

Julio Antonio López Vázquez solicitou licenza municipal para proceder á apertura de almacén de granulados en Areas-Adragonte, Paderne.

Cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, que establece: «O expediente será sometido polo concello ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar de localización proposto, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno».

Paderne, 13 de xullo de 2012

César Longo Queijo
Alcalde presidente