Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32312

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xullo de 2012 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 23 de marzo de 2012 convocouse concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto no artigo 6 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, os seleccionados quedarán adscritos aos postos obtidos con data do 1 de setembro de 2012 por un período dun ano e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Lage Gil, Eva María

33333662S

Once-Lugo

Quiroga Fernández, Manuel

34934544M

Consellería de Traballo e Benestar-Centro de Montealegre (Ourense)

Gómez Vázquez, Ruth

33184340D

Consellería de Sanidade-Hospital Clínico (Santiago de Compostela)

Fernández Rodríguez, Julia

36003774B

Consellería de Sanidade-Hospital Islas Cíes (Vigo)

Estévez Estévez, Nieves

34959058R

Consellería de Sanidade-Complexo Hospitalario de Ourense

Porta Rodríguez, Mª Mar

76413789S

Consellería de Sanidade-Hospital Arquitecto Macide (Ferrol)

Formoso Fojo, Mª del Carmen

35440083G

Consellería de Sanidade-Hospital Provincial de Pontevedra

Vázquez Vázquez, José Luis

33842270R

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (Programa Escolas Viaxeiras)-Lugo

Sánchez Gómez, Emilio M.

33817765Z

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia-Lugo

Senra Arnaiz, Jesús

40854025E

IES A Sardiñeira-A Coruña

Cambón Mariño, Mª Cristina

32798771N

Asociación de Diminuídos Psíquicos de Santiago-Aspas (Santiago de Compostela)