Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete ao trámite de información pública a creación do couto de pesca de Taboada no río Moreda.

Antecedentes:

Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, esta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo resolve someter ao trámite de información pública a creación do couto de Taboada, concello de Taboada, coas características seguintes:

• Couto de pesca de Taboada:

Río: Moreda.

Concello: Taboada.

Límite superior: Bouzoa, ponte na estrada a Cerdeda (Taboada).

Límite inferior: Os Muíños (augas do encoro de Belesar) (Taboada).

Lonxitude: 13,3 km.

Categotía: 3ª troita.

Nº de permisos diario: catro (4).

Cota de capturas diaria: 6 por pescador.

Talla mínima de captura: 19 cm.

De acordo co disposto no artigo 15.3º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a información pública durante un prazo de 20 días, durante os cales poderán formular as alegacións que vexan oportunas, por proposta do Servizo de Conservación da Natureza para a creación do couto de Taboada.

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideran ter interese nel na Xefatura Territorial de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza na rolda da Muralla nº 70, baixo 2º (27071 Lugo).

Lugo, 23 de xullo de 2012

José María López Vega
Xefe territorial de Lugo