Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/31-2, 8000 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR Gueimondes.

Situación: concello da Partoriza.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente P-138 da LMTA Bretoña-ST Meira e final no OCR Gueimondes proxectado, formada por tres circuítos, cunha lonxitude por circuíto de 65 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150.

– OCR Ouviaña en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan tres celas de liña, e unha cela de liña con transformador de servizos auxiliares SSAA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 16 de xullo de 2012

P.A. (Decreto 324/2009, artigo 39)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas