Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2012/44-2, 8014 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT, r/ Malvarón, 2, 27, 0400.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña MOF807 o CT proxectado entre o CT Benito Vicetto e o CT Edificio Cuatro Vientos, cunha lonxitude de 296 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT r/ Malvarón en edificio prefabricado compacto de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de xullo de 2012

P.A. (Decreto 324/2009, artigo 39)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas