Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos PO-325/12 NL e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de iniciación ditado nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 18 de xullo de 2012

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: PO-325/12 NL.

NIF: 36092236.

Denunciado: Francisco Javier González Quintana.

Enderezo: r/ Real, 50, 36201 Vigo.

Establecemento: La Guinda, sito na rúa Real, 50, 36201 Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992.

Número de expediente: PO-352/12 NL.

NIF: 34873011-C.

Denunciado: Francisco Javier González Quintana.

Enderezo: r/ Feira, 26, Corzáns, 36457 Salvaterra de Miño.

Establecemento: La Molinera, sito na rúa Feira, 26, Corzáns, 36457 Salvaterra de Miño.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992.