Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31758

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefatura de persoal facultativo, xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Convocada por Resolución do 12 de marzo de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (DOG nº 94, do 18 de maio), a provisión do posto de xefatura de persoal facultativo, xefe de Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) e da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 119, do 19 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, convocada pola Resolución do 12 de marzo de 2012.

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes, de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 16 de xullo de 2012

Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Nome e apelidos: José Enrique Casal Núñez.

DNI: 32399522-C